Deixovos aquí o enlace á entrevista que me fixo Montse Dopico para o Magazine Cultural Galego sobre a novela “Winnipeg”: http://montsedopico.com/entrevistas/franco-e-mola-sabian-o-que-ian-facer-co-pobo-a-ditabranda-franquista-e-un-termo-hipocrita/
Veño de crear unha nova páxina que irei actualizando con información referente a sinistros marítimos de grandes buques pertencentes á Matrícula de Bilbao. É froito dunha investigación que levo facendo durante varios anos. Agardo que seña do voso interese.
Publicado en Uncategorized | Leave a Comment »
A ASOCIACIÓN CULTURAL FUCO BUXÁN e EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA comprácense en convidalo/a á presentación do libro: WINNIPEG de Hixinio Puentes O acto, que contará coa participación de Enrique Barrera Beitia, Rosa Méndez e o autor, terá lugar o venres, 10 de maio, ás 20:00 h., no Salón de Actos do Ateneo de Ferrol.
Publicado en Uncategorized | Leave a Comment »
Fantástico artigo de Montse Dopico sobre a novela histórica galega: Hixinio Puentes, Rosa Aneiros, Begoña Caamaño, Teresa Moure… Podedelo ler no artigo publicado o venres 26 de abril no xornal Praza Pública. Non volo perdades no seguinte enlace: http://praza.com/cultura/4277/cavar-na-foxa-da-memoria-a-novela-historica-galega-como-metafora-do-presente-politico/
Publicado en Uncategorized | Leave a Comment »
Hoxe ás 17 h, os nosos amigos de Proxecto Neo entrevistáronme en Radio Burela. Podedes escoitar o programa no seguinte enlace (a miña intervención a partires do minuto 00:37): http://www.ustream.tv/recorded/31585357
Publicado en Uncategorized | Leave a Comment »
O vindeiro venres, día 19 de abril, ás 20: 00. farei a presentación da nova novela Winnipeg na Biblioteca Pública de Pontedeume. No acto participarán Eliseo Fernández Fernández e Hixinio Puentes.
O día seguinte, o sábado 20 de abril, estarei ás 18:oo na Casa da Cultura do Vicedo facendo a presentación da novela. Con motivo do día do libro, na charla organizada pola Librería Abrela e a Casa do Concello, farase un percorrido pola miña traxectoria como escritor da man de Bernardo Penabade na que, ó final, asinarei exemplares que, ademais, se poderán mercar alí cun 10 % de desconto.
Publicado en Uncategorized | Leave a Comment »