Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for Xaneiro 2010

HIXINIO PUENTES

Hixinio Puentes Novo (Porto do Barqueiro, 1952) mestre, investigador da historia do seu concello e autor de diversos estudos relacionados co mundo do mar publicados como Os naufraxios da Galicia do Norte. Provincia marítima de Ferrol (Edicións Lea, 2003); Os naufraxio da Galicia do Norte. Volume II (Edicións Lea, 2004); La Galerna de 1961 (Laverde ediciones, 2005); acadou en 1999 o accésit do Premio  de Xornalismo David Fojo cunha serie de artigos publicados en La Voz de Ortigueira e participa na prensa galega como articulista. Como narrador publicou as novelas O bandido Casanovas (Xerais, 2000), premio Pastor Díaz 1999, Aguillons de Ortegal (Xerais 2005);  Monbars o Exterminador (Xerais, 2008), finalista do Premio Xerais de Novela e gañadora no ano 2006 do IV Premio Eixo Atlántico de Narrativa Galega e Portuguesa. Están pendentes de publicación A do 21 (Sotelo Blanco Edicions) premio Risco de Creación Literaria 2009 e Winnipeg.



Read Full Post »