O vindeiro venres, día 19 de abril, ás 20: 00. farei a presentación da nova novela Winnipeg na Biblioteca Pública de Pontedeume. No acto participarán Eliseo Fernández Fernández e Hixinio Puentes.
O día seguinte, o sábado 20 de abril, estarei ás 18:oo na Casa da Cultura do Vicedo facendo a presentación da novela. Con motivo do día do libro, na charla organizada pola Librería Abrela e a Casa do Concello, farase un percorrido pola miña traxectoria como escritor da man de Bernardo Penabade na que, ó final, asinarei exemplares que, ademais, se poderán mercar alí cun 10 % de desconto.
Deixar unha resposta