Feeds:
Artigos
Comentarios

Entrevista de Montse Dopico

Deixovos aquí o enlace á entrevista que me fixo Montse Dopico para o Magazine Cultural Galego sobre a novela “Winnipeg”: http://montsedopico.com/entrevistas/franco-e-mola-sabian-o-que-ian-facer-co-pobo-a-ditabranda-franquista-e-un-termo-hipocrita/

Veño de crear unha nova páxina que irei actualizando con información referente a sinistros marítimos de grandes buques pertencentes á Matrícula de Bilbao. É froito dunha investigación que levo facendo durante varios anos. Agardo que seña do voso interese.

A ASOCIACIÓN CULTURAL FUCO BUXÁN e EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA 
comprácense en convidalo/a á presentación do libro:
WINNIPEG
de Hixinio Puentes
O acto, que contará coa participación de Enrique Barrera Beitia, 
Rosa Méndez e o autor, terá lugar o venres, 10 de maio, ás 20:00 h., 
no Salón de Actos do Ateneo de Ferrol.

Fantástico artigo de Montse Dopico sobre a novela histórica galega: Hixinio Puentes, Rosa Aneiros, Begoña Caamaño, Teresa Moure… Podedelo ler no artigo publicado o venres 26 de abril no xornal Praza Pública. Non volo perdades no seguinte enlace:  http://praza.com/cultura/4277/cavar-na-foxa-da-memoria-a-novela-historica-galega-como-metafora-do-presente-politico/

Entrevista en Radio Burela con Proxecto Neo

Hoxe ás 17 h, os nosos amigos de Proxecto Neo entrevistáronme en Radio Burela. Podedes escoitar o programa no seguinte enlace (a miña intervención a partires do minuto 00:37): http://www.ustream.tv/recorded/31585357

O vindeiro venres, día 19 de abril, ás 20: 00. farei a presentación da nova novela Winnipeg na Biblioteca Pública de Pontedeume. No acto participarán Eliseo Fernández Fernández e Hixinio Puentes.

O día seguinte, o sábado 20 de abril, estarei ás 18:oo na Casa da Cultura do Vicedo facendo a presentación da novela. Con motivo do día do libro, na charla organizada pola Librería Abrela e a Casa do Concello, farase un percorrido pola miña traxectoria como escritor da man de Bernardo Penabade na que, ó final, asinarei exemplares que, ademais, se poderán mercar alí cun 10 % de desconto.

Xa saiu do prelo Winnipeg

Winnipeg contraportada Winnipeg portada

A Asociación Cultural Barqueirock ten a amabilidade de convidarme a dar una charla sobre a historia do Barqueiro.

Sábado 30 de abril de 2011 de 19 a 21 h.
Casa do Concello, praza do Mesón do Barqueiro.

Contamos con vos.

  • O vindeiro día 20 de maio ás 20h, estarei na Galería Sargadelos de Ferrol (Rúa Rubalcava, 30-32)presentando a miña última novela, A do vinte e un.
  • O vindeiro día 21 de maio ás 20 h estarei na Obra Pía de O Barqueiro, facendo a presentación das últimas dúas novelas, A do vinte e un e Montbars, o Exterminador.

O vindeiro día 15 de abril, asinarei exemplares da novela A do vinte e un na Central Libreira de Ferrol de 18- 20 h. R/ Galiano nº 2.

Toda esta semana, poderase escoitar no programa Diario Cultural da Radio Galega parágrafos da última novela, A do vinte e un, que se emite ás 15 h.